Xullo continúa a senda do crecemento das exportacións


Continúa a recuperación das exportacións de louxa, iniciada tímidamente o pasado mes de Xuño. As cifras falan dun aumento do 10.75% de saída de produto no mes de de Xullo, cando se exportaron 47.016 toneladas,con respeto a xuño deste ano 2020, cando as toneladas exportadas foron 42.452. No que se refire a facturación, o aumento ten sido do 10.61%. Dos 24.142.822 euros rexistrados en Xuño deste ano, a cifra aumentou ata os 26.705.493 euros rexistrados no mes de Xullo.

Este aumento por países, sitúa a Francia nun 10.12% máis de exportación (20.188 toneladas rexistradas en Xullo de 2020) con respeto aos datos de Xuño (18.332 toneladas), seguida de Reino Unido cun 11.73% de incremento (12.910 toneladas frente ás 11.555 toneladas de Xuño). Alemaña rexistra un aumento do 21.14% (6.968 toneladas frente ás 5.613 toneladas rexistradas en Xuño) e Bélxica nun -24.43% (1.534 toneladas en Xullo frente ás 2.030 toneladas de Xuño).

En números acumulados, a pesar de seguir falando en negativo, o descenso das exportacións nos sete primeiros meses do ano atenúase e sitúase en -11.6%. En Xullo de 2019 exportábanse 294.966 toneladas de louxa; en 2020, esa cifra baixou ata as 260.635 toneladas. Estos datos tradúcense nun descenso do 8.8% na facturación; no mes de Xullo de 2019 facturáronse 161.427.119 euros e en 2020, a cifra reduciuse ata os 147.235.201 euros.

Por países, as exportacións acumuladas a Francia, descenderon en Xullo un 12% con respeto a 2019 (113.169 toneladas rexistradas en Xullo de 2020 frente ás 129.047 toneladas rexistradas en Xullo de 2019), facturando 63.292.644 euros, casi 7 millóns menos que no ano anterior. Semellante situación é a que viviu o Reino Unido, que importou un 25% menos de louxa (65.902 toneladas en 2020 frente ás 87.638 toneladas rexistradas en 2019), o que supuxo 9.293.106 euros menos de facturación. Alemaña rexistra de novo cifras en positivo (39.460 toneladas en 2020), cun 4% máis de exportacións con respeto ao acumulado de Xullo de 2019 (38.026 toneladas).