A chegada de agosto frena as exportacións de louxa 


Como é habitual todos os anos, o mes de agosto trouxo consigo unha ralentización das exportacións de louxa hacia o extranxeiro. As cifras falan dunha diminución do 34.35% da saída de produto neste mes, cando se exportaron 30.865 toneladas, con respeto a xullo deste ano 2020, cando as toneladas exportadas foron 47.016, un dato lóxico se temos en conta o periodo vacacional destas datas, tanto en produtores coma en distribuidores, foras das nosas fronteiras.  No que se refire a facturación, a porcentaxe chegou ata o -33.34 %. Dos 26.705.493 euros rexistrados en xullo deste ano, a cifra caiu ata os 17.750.047 euros no mes de agosto.

Esta diminución da saída do producto por países, sitúa a Francia nunha caída de algo máis do 50% nas súas exportacións de louxa, (10.091 toneladas rexistradas en agosto de 2020) con respeto aos datos de xullo (20.188 toneladas). Pola súa banda, Reino Unido exportou en agosto un 17.70% menos de produto (10.625 toneladas frente ás 12.910 toneladas de xullo). Alemaña tamén experimenta unha caída das exportacións en agosto nun 27.15% (5.076 toneladas frente ás 6.968 toneladas rexistradas en xullo) e Bélxica en un -10.17% (1.378 toneladas en agosto frente ás 1.534 toneladas de xullo).

En números acumulados, tamén falamos en negativo, pois o descenso das exportacións nos oito primeiros meses do ano sitúase en -8.8%. En agosto de 2019 exportábanse 319.642 toneladas de louxa; en 2020, esa cifra baixou ata as 291.500 toneladas. Estos datos traducense nun descenso do 5.8% na facturación; no acumulado de agosto de 2019 facturábanse 175.232.980 euros e en 2020 a cifra baixou ata os 164.985.248 euros.

Por países, as exportacións acumuladas a Francia, descenderon en agosto un 10% con respeto a 2019 (123.260 toneladas rexistradas en agosto de 2020 frente ás 136.459 toneladas rexistradas en agosto de 2019), facturando 69.048.256 euros, 5.144.449 euros menos que no ano anterior. Semellante situación foi a que viviu Reino Unido, que importou un 21% menos de louxa (76.527 toneladas en 2020 frente ás 96.333 toneladas rexistradas en 2019), o cal supuxo 8.012.737 euros menos de facturación. Alemaña rexistra de novo cifras en positivo (44536 toneladas en 2020), cun 5% máis de exportacións con respeto ao acumulado de agosto de 2019 (42.543 toneladas).