Logo de tres meses consecutivos de caída das exportacións de louxa, desde a irrupción no mes de marzo da pandemia do coronavirus no noso país, os datos do mes de xuño reflexan unha pequena recuperación. 42.452 toneladas saíron das fronteiras españolas, un 6’4% máis que no mesmo mes do exercicio anterior. Estos datos tradúcense nun incremento da facturación que pasou dos 21.961.103 euros, ós 24.142.822 de xuño de 2019, un 10% de incremento interanual.
As mesmas cifras falan tamén dun aumento do 19’87% das exportacións no mes de xuño con respeto a maio deste mesmo ano 2020, superando pouco a pouco os datos negativos do mes anterior. No que se refire á facturación, o aumento é de algo máis do 20%.
Os datos acumulados nos seis primeiros meses do ano 2020 reflexan un 15% menos de saída do produto, 213.619 toneladas, e 120.529.708 euros de facturación, o que supón un descenso do 12’3%.
Nun análise por países, as exportacións a Francia descenderon en xuño un 16% con respecto a 2019, facturando case 52 millóns de euros, 7.900 millóns menos que no ano anterior. Semellante situación é a que se viviu no Reino Unido, que importou un 29% menos de louxa, o que supuxo case dez millóns menos de facturación.
Alemaña volve no mes de xuño a rexistrar cifras en positivo, igualando o nivel de exportacións ás rexistradas no mesmo mes do ano pasado.
