K08 e a hostalaría


A producción de bandexas de louxa para hostalaría convertiuse en parte do noso quefacer rutinario desde fai xa uns anos. Os encargos son de todos os tamaños e espesores, con ranuras antipingueo, con grabados personalizados, con presentacións variadas, que sempre teñen coma base a nosa louxa K08.

Trátase de traballos que diversifican a nosa marca, e que nos permiten estar noutro tipo de mercados, tamén interesantes, onde nos fixemos un oco. Así, as grandes cadenas téñense interesado polo noso produto, pero tamén os pequenos hosteleiros e comerciantes, con demandas máis modestas, que estamos encantados de atender.

Como cada verán, xa preparamos estos días un pedido para unha desas grandes firmas que confían en nós, El Corte Inglés, cuxa distribución realízase principalmente a Madrid e Barcelona. Zara, Amstel, Coca-Cola, Tomla ou Printeos, son marcas para as que tamén temos traballado, unha das mellores maneiras de que a louxa valdeorresa K08 se coloque sobre a mesa de miles de fogares españois.