Tras anos de necesaria intervención, finalmente o firme da estrada OU-122, que da acceso á gran mayoría das canteiras de louxa da zona de Carballeda de Valdeorras, entre as que se atopa K08, foi reparado. As obras de mellora comezaron o pasado día 15 de agosto, facendo necesarios cortes e desvíos de circulación ata o martes 25.
O bo tempo do verán e a baixada da actividade das empresas debido ós descansos vacacionais, foron determinantes para que a Xunta de Galicia programase a realización dos traballos nestas datas. Un millón de euros de inversión servirán para o acondicionamento dun chan que soporta tráfico de vehículos de gran tonelaxe que acceden ás canteiras.
