En Noailles, un pequeno pobo do departamento de Corrèze, no centro de Francia, atópase un Castelo cuxa historia está vinculada a unha das familias más grandes da aristocracia francesa. Este monumento histórico chámase Domaine de la Fage, e está situado nunha colina no medio dunha paisaxe montañosa.
Fai un ano, o seu salón principal, sufría un aparatoso incendio cuxo orixen desconócese e no que por fortuna non houbo que lamentar vítimas. O teito do salón quedou totalmente destruido.
Un tempo máis tarde comezaba a súa reconstrucción, na que a nosa louxa K08 foi protagonista.
Ata 45 modelos de louxa diferentes elaboráronse para conseguir un acabado que se adapte ao detalle desta construcción.
Trátase dunha obra de colocación estilo “Brouillée” con largos de 50, 46, 43, 40, 37, 34, 32, 30, 27 cm e cinco anchos de medidas distintas por cada un dos largos. Todas as pezas fabricáronse en 1 cm de espesor, o que dobra o peso dun tellado standard, situación que obliga á construcción dun armazón de madeira que sostén todo o tellado. Toda unha obra de inxeñería.
Sorprendidos co impecable traballo que teñen realizado, estamos moi orgullosos de ter contribuido no final feliz desta historia, gracias ao traballo do noso distribuidor Club Ardoise e o seu cliente Entreprise Duplouy. Todos desexamos que esta maravilla arquitectónica e histórica recobre deseguida a normalidade que se merece.
