Os datos estadísticos do mes de maio seguen a reflexar a caída das exportacions de louxa provocada pola pandemia mundial do Covid-19. Esos datos, falan dun 19% menos de salida do produto nos cinco primeiros meses do 2020, con respecto ás cifras das mesmas datas do ano anterior.
No mes de maio de 2019, o principal destinatario da nosa louxa, Francia, deixou de importar un 21% menos de material, facturando 8.7 millóns de euros, algo máis de 19 millóns menos con respecto ás cifras do mes de maio de 2019. Reino Unido rexistrou cifras superiores de reducción de importación, situado as súas compras nun 34%, o que se traduce en casi 10 millóns de euros menos de facturación.
O baixón tamén se producía en maio nas exportacións de louxa a Alemaña. O país amortiguaba a caída destas cifras negativas rexistrando un nivel de exportación prácticamente igual ao do mesmo periodo de 2019. A pesar delo, maio foi para Alemaña o primeiro mes de 2020 no que as exportacións sufriron un estacamento con respeto aos datos do ano anterior.
