Valdeorras posúe a conca de louxa máis grande do mundo. A súa industria é o principal motor económico da zona, algo do que somos conscientes. Por eso en K08 procuramos que o noso produto sirva de vía para dar a coñecer a zona e outros dos seus produtos máis típicos que tamén a caracterizan.
O viño é un exemplo. Cando os nosos clientes achéganse a coñecer a nosa louxa de primeira man, os viños valdeorreses sempre están presentes. Tras a visita, os encargos son habituais, e non poucas as ocasións nas que ambos produtos viaxan xuntos a outros países, abríndose paso en mercados exteriores.
É un orgullo servir de medio para que a nosa comarca se coñeza internacionalmente, porque estos produtos nos representan e é a particular forma que temos de poñelos en valor. E de agradecer a proximidade e colaboración con nós, como é o caso de Bodegas D’Berna.