As exportacións de louxa aumentan un 5%


Os datos máis recentes sobre as estadísticas de exportación de louxa, proporcionados polo Cluster da Pizarra de Galicia, amosan unha subida interanual das exportacións dun 5% con respecto aos datos do anterior exercicio. 

En xeneral, Francia incrementou as súas importacións en máis de 8.500 toneladas, o que supón un 5% máis que en 2018, cifra que sitúa o país na cabeza da lista, cun total de 175.031 toneladas. Reino Unido, rexistra o mesmo incremento que o seu predecesor, un 5%, e os números suben ata as 125.523 toneladas. Alemania, tercer país no ranking, comprou 55.153 toneladas, incrementando así o porcentaxe nun 4%.

Se falamos de facturación, Francia aumenta a cifra de exportación en 7 millóns de euros, situándose preto dos 100 millóns, mentres Reino Unido aumenta en 3 millóns de euros chegando aos case 62 millóns. Síguelle Alemania cunha facturación de algo máis de 32 millóns de euros. Cifras que nos fan pensar en que moito ten que ver nestos datos a cunca valdeorresa, de onde sae o 90% deste producto a nivel mundial.