Febreiro é o mes elexido polos primeiros visitantes para coñecer as nosas instalación e o proceso de elaboración da nosa louxa K08. Desde Nantes, Francia, desplazábase este primeiro grupo e realizaba a primeira visita das moitas que esperamos este ano.
Comezaban o percorrido na canteira, situada a case 1.300 metros de altitud, onde coñecían de preto os procesos de extracción da pedra. Tras unha mañá intensa, e unha comida no noso comedor, visitaban a nave para coñecer os procesos de elaboración da louxa.
Impresionados polas técnicas manuais empregadas, a dureza do traballo, a precisión e o manexo de ferramentas de cada operario, concluían a súa experiencia valorando desde outra perspectiva, un produto do que agora xa coñecen o seu orixe.