Comprometidos coa eliminación do polvo de sílice


En K08 non baixamos a garda en materia de seguridade porque é unha prioridade para nós. A comezos de ano, anunciábamos que 2020 achegaría novidades que tardamos en anunciar a causa do paro de actividade provocado pola crisis sanitaria do Covid 19. Finalmente, as obras para a posta en funcionamento dun novo sistema para a eliminación de polvo de sílice da roupa de traballo xa concluiron.

Nun breve periodo de tempo, os empregados comezarán a utilizar as duchas de aire para descontaminación, ao término da súa xornada laboral. Desta forma poderá eliminarse casi ao 100% o polvo en suspensión que se rexistra a nave e se deposita sobre a roupa e equipo do persoal durante a xornada de traballo.

Trátase dunha acción máis, sumada ás medidas de prevención xa existentes na zona de traballo de cada operario e ás de protección individual, cuxo obxectivo común é frenar a incidencia das enfermedades profesionais.