K08 e a importancia da formación


K08 sempre considerou importante a formación continua dos seus empregados. É por iso que, cada ano, planifícase o calendario formativo tendo en conta as necesidades de novos coñecementos e a actualización dos xa adquiridos.

A formación máis específica, habilitante para o desenpeño do posto de traballo, é tamén a máis demandada durante todo o ano por ser de carácter obrigatorio. As actualizacións deste tipo de formación realízanse cunha periodicidad de dous a catro anos, según o posto (labradores, cortadores, dumperistas, administración, mecánicos, electricistas, etc.).

A formación en materia de prevención, seguridade e saúde chega aos nosos traballadores a través das Instruccións Técnicas Complementarias (ITC) que establece o Reglamento de Normas Básicas de Seguridade Minera. Esta información recibida é fundamental para o correto desenrolo da actividade mineira.

Deixando a un lado a obligatoriedade, hai formacións complementarias a estas que realizan os nosos traballadores e que consideramos da mesma importancia. Gracias á teleformación, en K08 impartíronse cursos sobre emerxencias e evacuación, prevención de riesgos laborais e primeiros auxilios.

O derradeiro curso comeza esta mesma semana, no que recordaranse as medidas de prevención laboral ante o virus Covid-19.