Decoración exterior



K08 lousa natural tamén está presente nunha ampla gama de produtos destinados á decoración de exteriores, aos xardíns e ao paisaxismo en xeral. Todos se benefician das calidades técnicas e estéticas da nosa lousa K08, virtudes que se proban e demostran día a día no exixente sector da lousa para cubertas, achegando á decoración en exteriores elegancia e nobreza, e combinando perfectamente tanto en ambientes clásicos como contemporáneos.

Os nosos produtos:

  • Taco para revestimento
  • Plaquetas de lousa
  • Bloques decorativos
  • Bordos
  • Planchóns irregulares