Xornada de portas abertas con Club Ardoise


 

la-foto

O evento deu boa conta da magnífica acollida dos produtos de K08 entre o público francés

O pasado 13 de xuño celebramos unha xornada de portas abertas co noso distribuidor Club Ardoise en Saint-Pantaleón-de-Larche (Limousin, Francia). O día transcorreu cunha estupenda climatoloxía e cunha gran afluencia de clientes, que amosaron ademais un gran interese por todas as gamas de K08, así como polas realizacións a escala levadas a cabo polo persoal de Club Ardoise.

Queremos agradecer a Philippe, Regis e a todo o seu equipo por facernos sentir como na casa.