Estuvimos presentes en Artibat 2014


K08 participa na feira Artibat 2014, unha importante cita profesional que levaranos ata a cidade bretoa de Rennes (Francia), país onde temos un destacado mercado. A feira será os días 22,23 e 24 de outubro e nela presentamos as nosas novidades construtivas en pizarra a múltiples profesionais sector, porque Artibat é o lugar de encontro de quen traballan na construción no oeste de Francia: artesánse construtores, arquitectos e deseñadores de empresas, profesionais públicos e privados que se atopan con fabricantes, como é o noso caso, ademais de empresas expositoras de estruturas, de enxeñería civil, de arquitectura da paisaxe, de acabados e de maquinaria, que presentarán tamén as súas innovacións de solucións, técnicas e materiais. Estamos ante unha cita que cada vez recibe a máis visitantes, moi animada e variada e onde se fan múltiples contactos e ábrense novos horizontes. Por iso K08 non faltará.

O noso stand será o 5F42 e estará no hall 5, no Sector MOB Couverture do Parque de Exposicións de Rennes

Artibat-RVBO noso stand será o 5F42 e estará situado no hall 5, que se corresponde co Sector MOB Couverture do Parque de Exposicións de Rennes, ao cal acudiron 42 xornalistas acreditados na cita do ano pasado, o que dá medida do interese que esperta. Aos seis meses do inicio das inscricións, máis de 800 fabricantes e distribuidores do sector xa tiñan máis do 90% do espazo de exposicións reservado.