K08 participa nunha xornada técnica do Cluster da Pizarra de Galicia


O Cluster da Pizarra de Galicia organizou un encontró no que participaron os principais representantes políticos, empresariais, profesionais e sindicais de Valdeorras, Ourense y Lugo. Nel estivo presente o equipo de K08.

No acto celebrado en Sobradelo, Carballeda de Valdeorras, presentáronse os tres proxectos promovidos pola Fundación Centro Tecnolóxico da Pizarra e polo propio Cluster, iniciativas que plantexan a recuperación da fauna local nas zonas productoras, a búsqueda de novas aplicacións constructivas da louxa, e a prevención dos riscos asociados á exposición de sílice cristalina.

No primeiro proxecto, titulado Medidas ambientales para la mitigación y compensación de impactos sobre la fauna local en las explotaciones de pizarra, fue presentado por Luis Manuel Andón Rivas, director técnico do Departamento de Medio Ambiente de Calfensa. O seu obxectivo, amosar a necesidade de que na restauración ambiental, ademáis da renovación da cuberta vexetal, tamén hai que ocuparse da recuperación da fauna asociada.

O segundo proxecto, titulado Manual de buenas prácticas para el control integral de los riesgos asociados a la exposición a la sílice cristalina respirable en las naves de elaboración de pizarra, foi presentado por  Javier Madera, director de Staub Ingeniería. Neste traballo ofrécese un modelo que axudará aos sistemas de prevención a ser moito máis eficaces.

No terceiro proxecto, presentado por Fernando López González-Mesones, doctor enxeñeiro de minas, e co título Caracterización tecnológica de las pizarras gallegas, como material de construcción, para otras aplicaciones complementarias a las tradicionales de cubiertas. Fase 2, búscanse novas aplicacións da louxa en áreas coma pavimentos, fachadas, mobiliario e decoración rústica e urbana.