K08, presente nas feiras francesas máis destacadas do sector


A piques de comezar de novo a asistencia de Pizarra Natural K08 aos salóns e feiras máis destacados que se celebran en Francia, facemos un pequeño resumo da nosa participación nos eventos do ano pasado.

Salón Doras, Dijon 2019. 90 anos do Grupo Doras.

Pizarra Natural K08 formou parte do Salón Doras, celebrado os días 7 e 8 de febreiro no Parque de Exposicións e Congresos de Dijon, Francia. Trátase dunha cita ineludíbel do sector da construcción e da obra pública que se ven celebrando dende o año 2008.

Durante dous días, preto de 4.000 profesionais do sector acudiron á séptima edición dunha cita que consigue reunir cada ano a unhas 300 marcas. Entre elas, estivo Pizarra Natural K08, ao carón do Grupo Doras que nesta edición celebrou o seu 90 aniversario.

 

 

Salón do Patrimonio. Unha aposta pola conservación do patrimonio.

O Salón do Patrimonio celebrouse o 28 de febreiro de 2019 en Les Pont de Cé, na rexión de Países do Loira, e Pizarra Natural K08 estivo presente. A Fundación do Patrimonio traballa para dar a conocer os monumentos históricos coa organización de eventos para arquitectos, empresas adxudicatarias, prescriptores, productores, Administracións, onde se explican os proxectos públicos e privados para a protección de dito patrimonio na rexión.

Salón GediBat 2019. A feira para profesionais da construcción. 

Ata Neufchâtel-en-Bray, Normandía, desprazámonos o pasado 29 de marzo para asistir á terceira edición do Salón Gedibat, especializado en gran obra, cobertura, madeira e derivados, aillamento, planificación, revestimento de chans e paredes, ferramentas – instrumentos.

Artibat 2018. O salón da construcción.

No mes de outubro de 2018, Pizarra Natural K08 participou na Feira Artibat, un dos eventos máis importantes do mundo no sector, que tivo lugar en Rennes, na Bretaña francesa.

O objetivo principal do diseño do stand foi chamar a atención sobre as características técnicas da nosa louxa, ademáis das moitas posibilidades de colocación que posee.

Xornadas Técnicas en Le Guern MatériauxZiegler.

Pizarra Natural K08 tamén asistiu a dous xornadas técnicas organizadas por dous profesionais da distribución e suministro de materiais para teitos, Le Guern Matériaux en Plouigneau, e Ziegler en Guingamp.